O Baixo Ulla

O proxecto colaborativo Patrimonio e Paisaxe(s) do Baixo Ulla pretende recoller a totalidade do patrimonio cultural e natural do territorio polo que discorreo o río Ulla no seu treito baixo, antes de deixar de ser río e converterse en ría. Nestes momentos están catalogados os elementos patrimoniais dos concellos de Catoira, Dodro, Padrón, Pontecesures e Valga. O proxecto está aberto á colaboración de entidades e persoas do Baixo Ulla. Ademais, calquera que o desexe pode enviar comentarios, suxestións, textos ou fotos ao seguinte correo electrónico obaixoulla@gmail.com.

Accede ao mapa do Baixo Ulla clicando aquí

ulla

Ademais da visualización do valor patrimonial do territorio, podes denunciar calquera antentado contra o patrimonio, a través do formulario online da web Historia de Galcia; ou agresións ao medio ambiente, usando os documentos modelo da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA).

RPC

O Baixo Ulla forma parte da Rede do Patrimonio Cultural, que acolle a entidades que teñan por obxectivos a defensa e posta en valor do patrimonio cultural galego, tanto material como inmaterial.

#OBaixoUlla nas redes sociais: