Mapa do Patrimonio de Valga

Ermida da Virxe da Saúde

Erguida sobre un antigo castro, trátase dunha ermida de planta rectangular e nave única. Muros de cachotaría reforzada con perpiaño rematados en pináculos nos puntos débiles, como son esquinas e zócalos. Fachada con portada de arco apuntado, óculo trebolado, espadana central de dobre van e pilastras laterais que enmarcan a fachada. No seu interior pódese… Seguir lendo Ermida da Virxe da Saúde

Mapa do Patrimonio de Valga

Mercado dos Mouros

Asentamento romano ribeirán no río Ulla. O lugar ocupa uns 11.500 metros cadrados, ten forma ovalada e está sobreelevado do terreo circundante, que hoxe en día é un terreo intermareal. Nas primeiras escavacións levadas a cabo polo arqueólogo David Fernández Abella, consistentes nunha simple investigación superficial, apareceron fragmentos de cerámica e tellas de época romana… Seguir lendo Mercado dos Mouros

Mapa do Patrimonio de Valga

Capela dos Martores

Templo construído sobre outro orixinal anterior á cristianización. O edificio actual, do século XVII, consta de planta rectangular e muros de cachotería, agás o da portada, que é de perpiaños e posúe un campanario. Segundo a teoría do bispo Don José Guerra Campos, natural de Ames, no seu traballo Exploraciones arqueológicas en torno al sepulcro… Seguir lendo Capela dos Martores

Mapa do Patrimonio de Valga

Igrexa de Santa María de Xanza

Segundo M. Murguía (1888, p. 621), a igrexa foi consagrada por Xelmírez a comezos do século XII, na mesma data de consagración das demais igrexas da xurisdición iriense, téndose aproveitado na súa construción materiais dunha igrexa anterior. O Museo de Pontevedra garda, procedentes desta igrexa, un capitel e un fuste de columna de mármore branca,… Seguir lendo Igrexa de Santa María de Xanza

Mapa do Patrimonio de Valga

Ponte do Souto

A Ponte do Souto ou do Camiño Real, cruza o río Valga, emprazándose no antigo Camiño Real que na actualidade está anulado polo trazado do ferrocarril. A ponte está realizada mediante tallamares de pedra e taboleiro alintelado, tamén de pedra. Dátase da época medieval, aínda que popularmente é coñecida como a Ponte Romana. Latitude/Lonxitude: 42.711072137,… Seguir lendo Ponte do Souto

Mapa do Patrimonio de Valga

Legoario de Valga

Por un Real Decreto de 1761 deu comezo a construción dunha rede de camiños que partían de Madrid e comunicaban distintas poboacións. En 1763 iníciase a construción dos trazados en Galicia. Os legoarios marcaban as distancias en légoas entre as principais poboacións. Cada legoario debería estar colocado cada 6,687 quilómetros. Construído en granito de forma… Seguir lendo Legoario de Valga

Mapa do Patrimonio de Valga

Cruz do Verde

Cruz latina de cantería dunha soa peza e sen baseamento, sobre pedestal feito cun bloque de pedra irregular. A sección é cuadrangular no arranque e posterior desenrolo oitavado por rebaixe das arestas laterais. Os extremos dos brazos rematan cuarteados. Formaba parte dun camiño sacramental montesío que atravesaba os núcleos de Martores, Vilares e Laceiras. Hoxe… Seguir lendo Cruz do Verde