Mapa do Patrimonio de Valga

Cruceiro, lavadoiro e muíño no Reguengo

Cruceiro co aseamento de planta rectangular formado por tres chazos, un deles soterrado. Pedestal cúbico con inscricións e moldura toroidal no cumio. Varal monolítico, de sección cuadrangular na base e desenrolo oitavado mediante rebaixe das arestas. A media altura, no anverso, mostra a imaxe dun santiño sobre unha peaña. O capitel marca o seu arranque… Seguir lendo Cruceiro, lavadoiro e muíño no Reguengo

Mapa do Patrimonio de Valga

Cruceiro de Cerneira

Cruceiro do tipo de crucifixo, con baseamento de planta octogonal composto por cinco chanzos. Pedestal pseudocúbico, de planta octogonal e con inscricións. Varal con base de sección cuadrangular e desenrolo a modo de corpo cilíndrico e estriado. Capitel de feitío cúbico sobre colariño curvo. Cruz moi alterada xa que carece da cabeceira e dos cabos… Seguir lendo Cruceiro de Cerneira

Mapa do Patrimonio de Valga

Petróglifo Nº 2 dos Penoucos de Campo Redondo

Na zona máis alta do Outeiro dos Penoucos de Campo Redondo, a uns 200 metros ao norte da Pedra da Serpe, xa no límite con Pontecesures, localízase unha rocha de considerables dimensións, na que se atopa unha concentración de cazoletas (20 coviñas) e un posible círculo simple. A rocha ten unha forma tirando a rectangular,… Seguir lendo Petróglifo Nº 2 dos Penoucos de Campo Redondo

Mapa do Patrimonio de Valga

Igrexa de Santa Cristina de Campaña

Figura en varios documentos antigos, como na concesión que Xelmírez fai a favor do Convento de San Martiño Pinario en 1115 (Sanctam Christinam de Campania cum suis adjuntionibus), ou no testamento de 1131 que Odairo Afonso lega a favor do seu presbítero Pedro (Ad Petro, presbytero de Campania). A datación alto-medieval desta igrexa podería ter… Seguir lendo Igrexa de Santa Cristina de Campaña

Mapa do Patrimonio de Valga

Ermida da Virxe da Saúde

Erguida sobre un antigo castro, trátase dunha ermida de planta rectangular e nave única. Muros de cachotaría reforzada con perpiaño rematados en pináculos nos puntos débiles, como son esquinas e zócalos. Fachada con portada de arco apuntado, óculo trebolado, espadana central de dobre van e pilastras laterais que enmarcan a fachada. No seu interior pódese… Seguir lendo Ermida da Virxe da Saúde