Mapa do Patrimonio de Padrón

Pazo de Arretén

O pazo é de estilo renacentista construído no século XVI pola familia fidalga Bermúdez de Castro. Planta rectangular, con extremos angulados para comunicar por paso elevado coa capela. Fábrica de cantaría de granito. Fachada principal sobria, con solemne escalinata de balaústres, que comunica cun alongadísimo patín (ao longo de toda a fronte), formado por arcos… Seguir lendo Pazo de Arretén

Mapa do Patrimonio de Padrón

Lámparas Iria

A industria padronesa de lámpadas eléctricas comezaría a súa produción en 1929 (Seijas Llerena, 2011) e consonte Freire Esparís (2007) no momento da posta en funcionamento Iria, S.A. contaba cunha fábrica de gas e outra de bombillas que complementábase coa fábrica de casquetes para lámpadas eléctricas da que figuraba como propietario e director técnico Estanislao… Seguir lendo Lámparas Iria

Mapa do Patrimonio de Padrón

Castelo da Rocha Branca

As diferentes denominacións deste xacemento describen o lugar onde estivera o Castelo da Rocha Branca. Tratábase dunha fortaleza artellada en torno a un recinto circular, delimitado por unha muralla pétrea e circundada por un foxo. Ao norte deste recinto existen outras estruturas, posiblemente habitacionais, aínda que a súa configuración orixinal está parcialmente alterada. Tamén se… Seguir lendo Castelo da Rocha Branca