Mapa do Patrimonio de Dodro

Castelo do Monte Vilar

Asentamento romano-medieval no Monte de San Gregorio en Lestrobe. Probablemente se trate dun castro refortificado na Idade Media. En prospeccións realizadas, localizáronse fragmentos de cerámica de feitura manual. Ten unhas dimensións de 150 metros de norte a sur, e 100 metros de leste a oeste. Dados os restos que aparecen ciscados, maiormente cachote, podemos adiviñar… Seguir lendo Castelo do Monte Vilar

Mapa do Patrimonio de Dodro

Muíños do Portanchiño

Conxunto de dous muíños, á beira do rego de Vigo, construídos a partir de muros de cachotaría encintada, agás os marcos de portas e xanelas, que son de cantaría. Cuberta a unha soa auga, con remate de tella curva. Latitude/Lonxitude: 42.741789, -8.700668 Referencias: Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro Imaxes: Xoán Arco da… Seguir lendo Muíños do Portanchiño