Carolina Son, Feminismo

Camiseta 150 anos de Carolina Otero

A Asociación Cultural Os Penoucos vai realizar unhas camisetas polo 150 aniversario do nacemento de Carolina Otero. Se estás interesado realiza primeiro o ingreso na conta bancaria indicada, especificando a talla de camiseta e manda despois o xustificante de ingreso ao noso correo electrónico. PREZO: 12 € IBAN CONTA BANCARIA: ES06 2080 5447 1430 4010 2784 CORREO ELECTRÓNICO: ospenoucos@gmail.com Un vez feitas, comunicarase a forma de entrega. Se desexas recibila na túa casa, debes engadir 5 € máis en concepto de gastos de envío, no momento de realizar a transferencia bancaria. A data límite para reservar a camiseta é o 31 de xullo.

Feminismo, Memoria histórica

III Xornadas da memoria histórica de Valga

III Xornadas da Memoria Histórica de Valga ESCOLAS DE LIBERDADE A represion sobre as mestras despois de Franco Aurora Marco (docente e investigadora) María Álvarez Lires (docente e investigadora) Susana Sánchez Aríns (docente e poeta) Organizan: Asociación Cultural de Cordeiro, Asociación Cultural Os Penoucos, Galería de Estudos do Baixo Ulla, Xuventudes Socialistas e o PSOE… Seguir lendo III Xornadas da memoria histórica de Valga

Feminismo

Presentación do libro “Invisibles”

A Asociación Cultural Os Penoucos organiza este sábado 27 de xaneiro, ás 19:00 h, na Casa da Cultura de Ponte Valga, o acto de presentación do libro "Invisibles". Este recolle sete historias reais de malos tratos coas que visibilizar ás vítimas da violencia machista e a onda expansiva que estes episodios provocan ao seu ao… Seguir lendo Presentación do libro “Invisibles”