Como non podía ser doutro xeito, Valga, un dos epicentros de creación independente de Galicia, dá o paso adiante en canto a programación musical e presenta, da man da Asociación Cultural Os Penoucos, o festival Carolina Son. Esta proposta, en formato auditorio, busca poñer un pouco de ritmo aos outonos no Baixo Ulla, achegando ao público local as propostas máis alternativas.
O demominación escollida, Carolina Son, fai referencia á veciña máis ilustre de Valga, Carolina Otero, A Bela Otero, que representa os valores da vangarda, independencia e ruralismo cosmopolita cos que se identifica o festival.
O Carolina Son 2018 terá lugar o 1 de decembro ás 21:00 horas no Auditorio Municipal de Valga, coas actuacións de Helen & Shanna e Lois. A entrada é de balde!
Helen & Sanna
O dúo de A Guarda acaba de saír de Radar Estudios de Vigo onde gravaron os novos temas que conformarán o seu novo EP ‘Tempo’, onde amplían o seu son folk.
Lois
Publicará en breve o seu novo EP ‘Crumb Cats’, editado pola discográfica Ground Control. Gravado nos estudios Stoke Newington (Londres) e producido por James Hoare (Ultimate Painting, Veronica Falls).
#CarolinaSon nas redes sociais:
Edición 2016
Aries
Birds Are Indie
Edición 2014
Caxade
Cazador
Músculo!