Blogue

Mapa do Patrimonio de Pontecesures

Casa do Concello de Pontecesures

Contruída no 1975, é obra do arquitecto César Portela. O propio autor do proxecto, defíneo do seguinte xeito: “O edificio da nova casa consistorial proxéctase nun soar alongado que ten fronte a unha vía do casco e á avenida de circunvalación. O réxime de propiedade dos terreos na zona e a diferenza de cota existente… Seguir lendo Casa do Concello de Pontecesures

Mapa do Patrimonio de Valga

Cruceiro de Cerneira

Cruceiro do tipo de crucifixo, con baseamento de planta octogonal composto por cinco chanzos. Pedestal pseudocúbico, de planta octogonal e con inscricións. Varal con base de sección cuadrangular e desenrolo a modo de corpo cilíndrico e estriado. Capitel de feitío cúbico sobre colariño curvo. Cruz moi alterada xa que carece da cabeceira e dos cabos… Seguir lendo Cruceiro de Cerneira

Mapa do Patrimonio de Catoira

Instalacións náuticas

Nave de orixe industrial tripartita que destaca por dispoñer cubertas individuais sobre cada un dos seus tres volumes, ofrecendo un aspecto de orixinal cuberta quebrada. A nave central presenta unha cubrición en forma de arco de medio punto proxectado, que cambia en cuberta a dúas augas convencional na contrafachada. O alzado principal sitúa un portalón… Seguir lendo Instalacións náuticas

Mapa do Patrimonio de Valga

Petróglifo Nº 2 dos Penoucos de Campo Redondo

Na zona máis alta do Outeiro dos Penoucos de Campo Redondo, a uns 200 metros ao norte da Pedra da Serpe, xa no límite con Pontecesures, localízase unha rocha de considerables dimensións, na que se atopa unha concentración de cazoletas (20 coviñas) e un posible círculo simple. A rocha ten unha forma tirando a rectangular,… Seguir lendo Petróglifo Nº 2 dos Penoucos de Campo Redondo