Blog

Mapa do Patrimonio de Valga

Cruz do Verde

Cruz latina de cantería dunha soa peza e sen baseamento, sobre pedestal feito cun bloque de pedra irregular. A sección é cuadrangular no arranque e posterior desenrolo oitavado por rebaixe das arestas laterais. Os extremos dos brazos rematan cuarteados. Formaba parte dun camiño sacramental montesío que atravesaba os núcleos de Martores, Vilares e Laceiras. Hoxe… Continue reading Cruz do Verde

Mapa do Patrimonio de Valga

Castro de Balleas

Situado a unha altitude de 60 metros e a 1,5 quilómetros do río Ulla. Castro emprazado no outeiro coñecido polos veciños como O Castro, consta dunha zona superior chaira e ampla, de forma ovalada en sentido norte-noroeste e sur-sueste, con algúns pequenos socalcos a nivel inferior. Non ten, sen embargo, estruturas visibles que poidan interpretarse… Continue reading Castro de Balleas

Mapa do Patrimonio de Valga

Escola da Emigración de Ferreirós

Este edificio, que destaca pola súa sobriedade e racionalidade construtiva, está feito nun soar elevado con respecto á rúa, o que lle permite ter amplas vistas e unha situación destacada na contorna. O recinto está pechado por un muro de pedra no que se integra unha escalinata central para poder acceder a el. Trátase dun… Continue reading Escola da Emigración de Ferreirós

Mapa do Patrimonio de Valga

Castelo da Medela ou Monte Castelo

Segundo García Alén, nuns apuntes gardados no Museo de Pontevedra, “Es un castro. X-1971 comprobamos existencia de restos de ánforas, ímbrices y algo de cerámica castreña sin decoración en la zanja hecha para la traída de agua al grupo escolar”. Recolle este autor tamén algunha tradición oral relacionada co xacemento, no que se dicía que… Continue reading Castelo da Medela ou Monte Castelo

Muller

Presentación do libro “Invisibles”

A Asociación Cultural Os Penoucos organiza este sábado 27 de xaneiro, ás 19:00 h, na Casa da Cultura de Ponte Valga, o acto de presentación do libro "Invisibles". Este recolle sete historias reais de malos tratos coas que visibilizar ás vítimas da violencia machista e a onda expansiva que estes episodios provocan ao seu ao… Continue reading Presentación do libro “Invisibles”

Mapa do Patrimonio de Valga

Petróglifo dos Penoucos ou Pedra da Serpe

Na paraxe coñecida como Campo Redondo emprázase a rocha que contén os gravados, e que xa fora descrita por X. Ferro Couselo (1952, p. 94) e por F. Bouza Brey-R. Sobrino (1948, p. 333-343). Nos dous casos, reproducen os motivos observados. Da rocha principal, a representación máis fiel e exacta é a realizada por Fermín… Continue reading Petróglifo dos Penoucos ou Pedra da Serpe

Memoria histórica

Homenaxe á corporación do 36

Os colectivos que conforman a Memoria Histórica de Valga farán restitución simbólica da corporación municipal. O acto terá lugar este domingo no salón de plenos da casa consistorial de Valga. Un dos efectos inmediatos do alzamento franquista de 1936 en Galiza foi a destitución das corporacións municipais democráticas dos concellos galegos. Unha medida ‘manu militari’ acompañada nas máis… Continue reading Homenaxe á corporación do 36