Mapa do Patrimonio de Dodro

Castelo do Monte Vilar

Asentamento romano-medieval no Monte de San Gregorio en Lestrobe. Probablemente se trate dun castro refortificado na Idade Media. En prospeccións realizadas, localizáronse fragmentos de cerámica de feitura manual. Ten unhas dimensións de 150 metros de norte a sur, e 100 metros de leste a oeste. Dados os restos que aparecen ciscados, maiormente cachote, podemos adiviñar… Seguir lendo Castelo do Monte Vilar

Memoria histórica

Campos de concentración franquistas

Xornada arredor da memoria histórica, sobre os campos de concentración en Galiza e o papel das mulleres neses campos. Intervirán Xesús Santos (O campo de cocentración de Iria) e Montse Fajardo (Solidariedade femenina nos tempos da barbarie). Lugar: Casa da Cultura de Ponte Valga Data: Sábado 11 de maio Hora: 20:00 horas Organiza: Memoria Histórica de Valga Referencias: Campo de concentración de Iria

Mapa do Patrimonio de Catoira

Estación de Catoira

Edificio de planta rectangular, dous andares e cuberta a un par de augas. Un pequeno volume, de planta terrea, acaroase ao conxunto para acoller as dependencias do xefe de estación. As súas dúas fachadas aparecen enmarcadas por unha imposta horizontal e pilastras graníticas. Os vans, intercalados nos entrepanos enfuscados e pintados, aparecen cubertos por arcos… Seguir lendo Estación de Catoira

Mapa do Patrimonio de Padrón

Xardín da Fundación Paideia

Antigamente pertencía a unha das capelanías do Santuario da Escravitude. Foi rehabilitado pola Fundación Paideia no ano 2007. Este xardín conta cun grande interese didáctico e cultural, xa que por unha parte constitúe unha proba de como se poden aproveitar os espazos pedregosos, con pendentes pronunciadas e escaso solo, como áreas de esparexemento, e por… Seguir lendo Xardín da Fundación Paideia