Memoria histórica

Campos de concentración franquistas

Xornada arredor da memoria histórica, sobre os campos de concentración en Galiza e o papel das mulleres neses campos. Intervirán Xesús Santos (O campo de cocentración de Iria) e Montse Fajardo (Solidariedade femenina nos tempos da barbarie). Lugar: Casa da Cultura de Ponte Valga Data: Sábado 11 de maio Hora: 20:00 horas Organiza: Memoria Histórica de Valga Referencias: Campo de concentración de Iria

Mapa do Patrimonio de Catoira

Estación de Catoira

Edificio de planta rectangular, dous andares e cuberta a un par de augas. Un pequeno volume, de planta terrea, acaroase ao conxunto para acoller as dependencias do xefe de estación. As súas dúas fachadas aparecen enmarcadas por unha imposta horizontal e pilastras graníticas. Os vans, intercalados nos entrepanos enfuscados e pintados, aparecen cubertos por arcos… Seguir lendo Estación de Catoira

Mapa do Patrimonio de Padrón

Xardín da Fundación Paideia

Antigamente pertencía a unha das capelanías do Santuario da Escravitude. Foi rehabilitado pola Fundación Paideia no ano 2007. Este xardín conta cun grande interese didáctico e cultural, xa que por unha parte constitúe unha proba de como se poden aproveitar os espazos pedregosos, con pendentes pronunciadas e escaso solo, como áreas de esparexemento, e por… Seguir lendo Xardín da Fundación Paideia

Mapa do Patrimonio de Valga

Cruceiro, lavadoiro e muíño no Reguengo

Cruceiro co aseamento de planta rectangular formado por tres chazos, un deles soterrado. Pedestal cúbico con inscricións e moldura toroidal no cumio. Varal monolítico, de sección cuadrangular na base e desenrolo oitavado mediante rebaixe das arestas. A media altura, no anverso, mostra a imaxe dun santiño sobre unha peaña. O capitel marca o seu arranque… Seguir lendo Cruceiro, lavadoiro e muíño no Reguengo