obaixoulla.gal

O Baixo Ulla amósase ao mundo no Día do Patrimonio 2020

Con motivo da celebración do Día do Patrimonio máis de cen entidades mobilizaranse na rede para dar visibilidade ao seu compromiso co patrimonio galego. Desde o ano 2017 as entidades adheridas á Rede do Patrimonio Cultural enchen o mapa de Galicia con actividades, roteiros, conferencias, visitas guiadas e moitas outras actividades.

O proxecto colaborativo obaixoulla.gal, impulsado pola Asociación Cultural Os Penoucos, propón unha campaña de divulgación do patrimonio a través das redes sociais. Este sábado e domingo animamos a todas as persoas que o desexen, publiquen as súas fotos, videos… co cancelo #PatrimonioDoBaixoUlla para deste xeito ensinarlle ao mundo o patrimonio de Catoira (San Mamede de Abalo, San Miguel de Catoira, San Pedro de Dimo e Santa Baia de Oeste), Dodro (Santa María de Dodro, San Xián de Laíño e San Xoán de Laíño), Padrón (San Pedro de Carcacía, Santiago de Padrón, Santa María de Iria Flavia, Santa María de Cruces e Santa María de Herbón), Pontecesures (San Xulián de Requeixo), Rianxo (Santa María de Asados, Santa Baia do Araño, Santa María de Isorna e Santa María de Leiro), Valga (Santa Cristina de Campaña, San Miguel de Valga, Santa María de Xanza, San Salvador de Setecoros e Santa Comba de Cordeiro) e Vilagarcía de Arousa (San Xens de Bamio).

diadopatrimonio_2020

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s