Fotografía

Curso de iniciación á fotografía

A Asociación Cultural Os Penoucos organiza un CURSO DE INICIACIÓN Á FOTOGRAFÍA, impartido por Agostiño Iglesias.

curso fotografia

CONCEPTO

A idea matriz deste curso é achegar a sétima arte a todas aquelas persoas que o desexen. O feito de poder usar a cámara no modo Manual no canto do Automático, aproveitando así todos os recursos de cantos dispón, leva consigo unha sorprendente mellora nas imaxes e no desfrute á hora de fotografar.

A QUEN VAI DIRIXIDO

A quen dispoña ou poida dispor dunha cámara réflex dixital ou compacta con controles manuais e que teña interese en sacarlle todo o proveito, sen importar idade nin nivel de coñecementos previos.

Tamén, para aquelas persoas que non dispoñan dunha cámara réflex dixital ou compacta con controles manuais, hai dispoñibles até 4 cámaras que poderían facilitarse durante as clases.

DURACIÓN E DESENROLO DO CURSO

O curso prolongarase 12 sesións durante os meses de xaneiro, febreiro, marzo e a primeira semana de abril do 2020, os sábados á maña en horario de 11:00 a 13:00, comezando o 18 de xaneiro de 2020.

Xaneiro: 18 e 25

Febreiro: 1, 8, 15, 22 e 29

Marzo: 7, 14, 21 e 28

Abril: 4

As clases están compostas por unha parte teórica e outra práctica. Ademais proporanse exercicios dunha semana para outra, de cara a afianzar contidos, os cales son corrixidos unha por unha ao comezo da vindeira clase.

LUGAR

Casa da Cultura de Ponte Valga
Estrada de Raxoi, s/n
36645 Ponte Valga (Pontevedra)

42.700114, -8.648050

Como chegar?

TEMARIO

Podes consultar o temario do curso facendo clic aquí.

NÚMERO MÍNIMO E MÁXIMO DE ALUMNAS E PREZO

O mínimo de asistentes para formar grupo será de 10 e o máximo de 15. A idea é ofrecer unha atención achegada ao alumnado e o máis personalizada posible.

PREZO E INSCRICIÓN

O prezo deste curso é de 150 € (50 €/mes). Para formalizar a inscrición deberás facer un depósito de 50 € na conta bancaria ES98 2080 0381 0430 4000 7173 e mandar o xustificante e os teus datos (nome, apelidos e DNI) ao correo electrónico info@agos.gal. Este pago corresponderá ao último mes do curso.

A segunda cota págase na primeira clase (18 de xaneiro) e a terceira na metade xusta do curso (22 febreiro de 2020).

O último mes xa queda pagado co ingreso feito no momento da inscrición.

FORMADOR

Agostiño Iglesias (Lousame, 1984). Son un fotoreporteiro de Vilacoba. O meu traballo céntrase principalmente na sociedade actual e o medio ambiente. Xustamente estas últimas semanas déronme unha mención especial no concurso de fotoxornalismo Galicia en Foco pola serie “El perdón de los pecados”.

Durante os primeiros anos compaxinei a fotografía social e publicitaria con proxectos persoais, entre os que destaca unha reportaxe sobre os animais nos circos para Anima Naturalis e Infocircos.

En 2015 emprendín unha viaxe por diversos países de América do Sur nos que, ademais de traballar como docente de fotografía, levei a cabo unha reportaxe sobre a súa cultura e idiosincrasia.

Á volta en Galicia, seguín a impartir cursos e a facer distintos encargos (de fotografía e vídeo) para organizacións e asociacións como Greenpeace España, Verdegaia, Colabora Birmania… e para as revistas Tempos Novos e Luzes, con traballos como “1-O: Referendum in Catalonia” ou “Materia Prima”.

Actualmente colaboro cos xornais La Voz de Galicia (principalmente), e Faro de Vigo (puntualmente), ademais de estar desenrolando dous proxectos de creación propia a longo prazo, “Animal Animal” e “Turistán”.

O pase de diapositivas require JavaScript.

Se desexades ver parte do meu traballo podedes entrar en www.agos.gal e/ou en Instagram na conta @agostime.

+INFO

653196552

info@agos.gal

ospenoucos@gmail.com

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s