Mapa do Patrimonio de Rianxo

Cruceiro da fonte de Brión

Cruceiro de capela no lugar de Brión. Plataforma cuadrangular de catro graos, sen pedestal. Fuste de sección cadrada con chafráns adornados. A cruz ten sección cuadrangular cos brazos con mediacana e remates florenzados con botón central. O Cristo crucificado inclina a cabeza cara diante, ten as mans abertas, coroa de espiñas e carece de cartela de INRI. A capela ten base moldurada decorada cun anxo con ás, tellado a catro augas, carece de bóveda, e contén dúas imaxes no interior. Segundo o libro “Os cruceiros do Concello de Rianxo”, de Xesús Antonio Gulías Lamas, “hai moitas testemuñas entre os veciños, sobre os enterramentos que aquí se facían dos anxiños que morrían sen bautismo“.

A fonte é de pedra, cun cano, composta por un volume trapezoidal de cantaría e unha e pía rectangular acaroada á plataforma do cruceiro.

Latitude/Lonxitude: 42.646624019, -8.794971545

Referencias: Cruceiros de Galicia

Imaxes: Fotos de Rianxo CRA de Rianxo

cruceiroefontedebrion1

cruceiroefontedebrion2

cruceiroefontedebrion3

rianxo_banner

Accede ao mapa do Baixo Ulla clicando aquí

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s