Mapa do Patrimonio de Catoira

Igrexa de San Pedro de Dimo

Aínda que as orixes máis antigas do templo son medievais, os vestixios artísticos máis temperáns remóntanse a comezos do século XVI. Edificio de planta rectangular, unha nave e capela cadrada. Presenta bóveda de medio canón até a liña de imposta, arco triunfal de medio punto sobre ménsulas con decoración de placas recortadas, nave máis alta e de igual altura que a capela, en catro formas e tramos con bóveda de medio canón, arcos faixóns sobre pilastras caixeadas en dous treitos: capela lateral esquerda moi baixa con bóveda de casetóns rectangulares formados por grosos muros que se entrecruzan até a liña de imposta. Arco de acceso de medio punto sobre pilastras, ambos acasetonados de medio punto sobre as mesmas. Ao fondo capela e altar con arco de medio punto recercado de nervios e flanqueados de dous escudos.

A súa fachada presenta porta baixo arco conopial, fornela con imaxe e fiestra rectangular, remate central con cruz, á dereita un pináculo e á esquerda torre de campanario con decoración de placas recortadas. Muro lateral con contrafortes. A capela destaca en altura con cuberta a catro augas, remata en pináculo. Capela lateral esquerda máis baixa e a catro augas. Sobre a sancristía hai un segundo piso engadido ao que se accede desde fóra.

Latitude/Lonxitude: 42.667446984, -8.693374211

Imaxes: Adrián Estévez + Real Academia Galega

igrexadesanpedrodedimo1.jpg

igrexadesanpedrodedimo2.jpg

catoira_banner

Accede ao mapa do Baixo Ulla clicando aquí

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s