Mapa do Patrimonio de Rianxo

Castro das Cercas

O Castro das Cercas ou Castro de Isorna está situado nunha posición estratéxica que domina a entrada do río Ulla e a Enseada de Leiro desde o Monte Quintáns, a 152 metros de altitude. O monte no que se atopa amosa fortes pendentes polas banda norte, sur e leste, acadando esa altura a tan só 500 metros de distancia das beiras do intermareal do Ulla. Ten forma ovalada con diámetros duns 90 metros no eixo NL-SO, e 60 no NO-SL. Posúe dobre murallas e un foxo. Na parte nordeste, onde a ladeira acada a maior pendente, vese a dobre liña de muralla e consérvase un concheiro. Na parte sur pódense apreciar os restos de recintos habitacionais e outros que poderían corresponder coa muralla. No concheiro atopáronse tamén restos cerámicos e malacolóxicos (ostra, berberecho e ameixa) e líticos (seixo). Fálase da localización no lugar da Cova do Xil que dá froito a algunhas lendas locais.

Latitude/Lonxitude: 42.6630303285, -8.75099658966

Referencias: Patrimonio Galego + Vídeos Bos

Imaxe: Alex Negreira

castrodascercas1.jpg

castrodascercas2

rianxo_banner

Accede ao mapa do Baixo Ulla clicando aquí

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s