Roteiro

Roteiro Penoucos_Valga libre de plásticos

O obxectivo principal, ademais de camiñar e desfrutar da contorna natural e cultural, é ir recollendo o lixo que nos atopemos ao longo do camiño. Esta iniciativa terá lugar o 21 de xullo, sendo unha maneira diferente de aproveitar o domingo, e á vez coñecer parte do territorio e paisaxes de Valga, sen esquecer a importancia da sustentabilidade.

O punto de encontro será na Casa da Cultura de Ponte Valga pola fresca, ás 9:00 da mañá. A partir de aí comezaremos a nosa andaina pasando por Fontenlo, Cedelo, o miradoiro natural dos Penoucos, os petróglifos dos Penoucos de Campo Redondo, As Laceiras, Os Vilares, o Castro dos Vilares, a necrópole e  capela dos Martores, os muíños e Fervenzas de Raxoi, e novamente volta a Ponte Valga.

Recomendacións: imprescindible un saco para recoller o lixo, auga, roupa cómoda, calzado axeitado, traxe de baño, comida, froita, froitos secos…

Duración: aproximadamente 5 horas

Itinerario:

  • Casa da Cultura de Ponte Valga (punto de encontro)
  • Fontenlo
  • Cedelo
  • Miradoiro natural dos Penoucos
  • Petróglifos dos Penoucos do Campo Redondo
  • As Laceiras
  • Os Vilares
  • Castro dos Vilares
  • Necrópole e capela dos Martores
  • Muíños e fervenzas de Raxoi
  • Casa da Cultura de Ponte Valga (volta ao punto de encontro)

Track: coñece a ruta en Wikiloc ou descárgaa en formato kml de Google Earth.

 

roteiropenoucos_valgalibredeplasticos1

roteiropenoucos_valgalibredeplasticos2

 

Unha opinión sobre “Roteiro Penoucos_Valga libre de plásticos”

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s