Mapa do Patrimonio de Valga

Peto de ánimas do Pino

Elaborado principalmente en pedra de cantaría, con certos complementos metálicos. Rodeado dun peche exterior. O retablo é de pedra sen policromar, e representa á Virxe do Carme co neno en brazos. Baixo eles, cinco almas contemplan a escena perdidas entre as lapas do Purgatorio.

O pedestal estrutúrase a xeito de macizo piar de sección cuadrangular sobre plinto basal. Está estruturado en tres bloques. O superior posúe o peto para as esmolas. O retablo de ánimas adoita un feitío harmónico e polimorfo, a xeito de crecente inferior sobre se superpón un lenzo rectangular rematado en frontón ou voadizo curvo de cornixa. A nivel xeral trátase dunha obra de moi boa labra.

A partir do Concilio de Trento, no século XVI, reforzouse a idea do purgatorio. Proba desta revitalización na crenza dun paso intermedio previo a chegar ao ceo, é a construción dos petos de ánimas. A finalidade destes é que os vivos, por medio de esmolas, contribúan á salvación das almas que purgan os seus pecados no purgatorio e alcance a felicidade no ceo.

Latitude/Lonxitude: 42.678236, -8.640640

Imaxes: Xoán Arco da Vella

petodeanimasdopino1

petodeanimasdopino2

petodeanimasdopino3

petodeanimasdopino4

valga_banner

Accede ao mapa do Baixo Ulla clicando aquí

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s