Mapa do Patrimonio de Catoira

Muíños de vento do Monte Cabreiro

Restos de muíños de vento derrubados. Os muros perimetrais que se conservan acadan uns 40 centímetros de altura. Trátase dos alicerces duns muíños de vento de tipoloxía moi pouco evolucionada, do tipo de torre fixa con cuberta tamén fixa, asentado directamente sobre o terreo, sen plataforma algunha.

A torre do edificio orixinal era cilíndrica, de 3,10 metros de diámetro interior e máxima altura de muros de 2,80 metros. As paredes eran de cachotes con rachas, dun grosor máximo de 80 centímetros, cun só perpiaño no lintel da porta, que era o único van disposto. A cuberta era a dúas augas, de tella do país. No solado preparouse un sinxelo piso (o tremiñado), feito de pedras irregulares baixo o que se dispuña o sistema de regulación do muíño (a mesa).

Ao carecer de sistema de orientación das aspas cara o vento, os elementos mecánicos do muíño eran ben simples. O eixo horizontal (a viga) atravesa diametralmente os muros da torre, a 1,60 metros sobre o solado, apoiando sobre unhas pezas de madeira (os zoquetes) que fan de buxas. O eixo tiña a orientación do nordeste ao suroeste, que é a dos ventos dominantes no emprazamento.

Xa no exterior do muíño, e en ambos os dous extremos do eixo, catro varas (os vareiros) o cruzan, unidos de a dous por outras varas (os travesos) nas que se colocaban as aspas (os abanos). Neste muíño os abanos consistían nunhas táboas unidas entre si formando unhas pezas rectangulares de aproximadamente un 1,50 metros de longo por 0,50 metros de ancho.

Latitude/Lonxitude: 42.687673, -8.719601

Referencias: Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira

muinodevendodomontecabreiro3

muinodevendodomontecabreiro2

muinodevendodomontecabreiro1

catoira_banner

Accede ao mapa do Baixo Ulla clicando aquí

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s