Mapa do Patrimonio de Rianxo

Ermida de San Pedro de Vilas

Ermida de planta rectangular e nave única que data do ano 1671, realizada en cantaría de granito e cuberta a dúas augas de fibrocemento sobre estrutura de madeira. A capela está situada nun alto ao que se accede mediante unha escalinata de pedra. Con apenas 10 metros de lonxitude, consta de dous corpos para nave e altar comunicados por arco de medio punto moi deformado. Fachada sinxela con porta alintelada entre dous pequenos ocos abocinados. Destaca a inscrición e os escudos sobre a porta. As fachadas curtas están coroadas cunhas cruces de granito. Decoración con motivos xeométricos tanto na porta principal como na cornixa perimetral. No interior, corpo anterior con tribuna e outro posterior que contén o altar divididos por un arco de medio punto e presenta tribuna tamén de madeira. Rodeada de piñeiros, nunha contorna agreste na que anualmente se celebra a Romaría do San Pedro de Vilas.

Latitude/Lonxitude: 42.664179023, -8.794184681

Imaxes: Fotos de Rianxo

ermidadesanpedrodevilas1

ermidadesanpedrodevilas2

ermidadesanpedrodevilas3

ermidadesanpedrodevilas4

rianxo_banner

Accede ao mapa do Baixo Ulla clicando aquí

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s