Mapa do Patrimonio de Catoira

Cruceiro da Baiuca

Cruceiro do tipo de crucifixo sobre tres chanzos de pedra cadradas colocouse un cubo, ben traballado e con gorxa fonda, no que se finca un varal, primeiro cuadrangular e despois octogonal, alto e descendente. Na parte cuadrangular e baixa amosa diversos símbolos da Paixón de Cristo. Así, no lado esquerdo, vemos látego en forma de cordón, tenaces e martelo. Por detrás: corazón con tres cravos cravados na parte alta do mesmo, hisopo e tenaces cruzados, formando un X. Na cara dereita: coroa e escaleira de dez chanzos. A vara cóbrese por un capitel cadrado e cruz cuadrangular, lisa e sen figuras, que ten entre os brazos un reforzo en forma de sector. Pola parte dianteira e baixa da vara vese o retablo das ánimas e o caixón acoirazado para recoller as esmolas. O santo que preside o retablo é San Francisco de Asís e por debaixo del aparecen dúas ánimas collidas ao cordón que cingue o seu hábito de frade.

Trátase do segundo cruceiro máis antigo do concello entre os que amosan gravado o ano da súa feitura que aparece na base que mantén ergueito o varal, polo lado da esquerda no que se le: “AÑO DE 1788 / A DEBOCION DE / DOMINGO”.

Latitude/Lonxitude: 42.674675, -8.705680

Referencias: Cruceiros de Galicia

cruceirodabaiuca1

cruceirodabaiuca2

cruceirodabaiuca3

catoira_banner

Accede ao mapa do Baixo Ulla clicando aquí

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s