Mapa do Patrimonio de Dodro

Castelo do Monte Vilar

Asentamento romano-medieval no Monte de San Gregorio en Lestrobe. Probablemente se trate dun castro refortificado na Idade Media. En prospeccións realizadas, localizáronse fragmentos de cerámica de feitura manual. Ten unhas dimensións de 150 metros de norte a sur, e 100 metros de leste a oeste.

Dados os restos que aparecen ciscados, maiormente cachote, podemos adiviñar que habería uns muros, mais o seu estado xeral é bastante malo para poder confirmalo. Sobresaen uns penedos no cume que parecen que foron traballadas para asentar lenzos de muros ou estruturas de madeira. Tamén se aprecia unha pequena terraza bastante chan que está cinguido por un parapeto moi esborrallado, mais apreciable nas imaxes LIDAR. Este recinto cinguiría dous curutos rochosos naturais, froito do afloramento das penedías sobre o cume do monte.

Situado a case 200 metros de altitude, ten unha inmellorable visión sobre a bacía do río Ulla e as terras da súa contorna. Tamén se observa o Monte da Muralla, lugar onde se atopaba outra pequena fortaleza ou atalaia.

Atópase moi alterado. As labores de plantacións forestais no monte achéganse moito ao seu carón, destruíndose as poucas pedras caídas que quedan ao seu redor.

Latitude/Lonxitude: 42.733770, -8.682305

Referencias: Patrimonio Galego

Imaxes: Elixio Vieites

castelodomontevilar1

castelodomontevilar2

dodro_banner

Accede ao mapa do Baixo Ulla clicando aquí

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s