Mapa do Patrimonio de Dodro

Capela de San Amaro

Emprazada no lugar de Bexo, non se sabe con certeza o ano da súa edificación nin o seu autor, mais crese que foi construída no século XVII. É de planta rectangular, con ábsida cadrada na cabeceira, e muros de pedra de cachotaría sen labrar que sustentan unha bóveda de canón interior rebaixada. Cuberta a dúas augas con acabado de tella camba. A fachada principal só ten unha porta sinxela, aínda que hai outra porta lateral, un pequeno campanario e unha porta pequena nun lateral. No interior presenta unha tribuna e garda imaxes do patrón San Amaro, de San Bieito, antigamente copatrón, da Virxe de Belén e de San Pedro.

Latitude/Lonxitude: 42.698883, -8.734276

Referencias: Patrimonio Galego + Historia de Galicia

Imaxes: Xoán Xosé Vicente + Refoxeiro

capeladesanamaro1

dodro_banner

Accede ao mapa do Baixo Ulla clicando aquí

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s