Mapa do Patrimonio de Padrón

Xardín da Fundación Paideia

Antigamente pertencía a unha das capelanías do Santuario da Escravitude. Foi rehabilitado pola Fundación Paideia no ano 2007.

Este xardín conta cun grande interese didáctico e cultural, xa que por unha parte constitúe unha proba de como se poden aproveitar os espazos pedregosos, con pendentes pronunciadas e escaso solo, como áreas de esparexemento, e por outra permite coñecer plantas pouco habituais nos xardíns galegos.

A práctica totalidade das plantas que hai neste xardín son variedades obtidas por melloradores vexetais a partir de especies que medran de xeito silvestre en diferentes países do mundo. Os métodos empregados con máis frecuencia para conseguir estas variedades foron procesos de selección, é dicir, escoller e propagar os exemplares que destaquen por algún carácter particular, como por exemplo colores de follas rechamantes (o pradairo de follas púrpuras, as coníferas de follas amarelas, as ericáceas de brotes laranxas…), formas de crecemento pouco habituais (as coníferas ananas ou con forma de bóla) ou polas súas flores grandes e vistosas (magnolios). Tamén hai variedades resultantes de hibridacións naturais ou provocadas, como son algunhas ericáceas, os tomiños de cheiro a limón, as azaleas e rododendros, a cerdeira de pólas colgantes, o olmo híbrido holandés…

Neste xardín cultívanse arredor de 170 variedades diferentes, a maioría arbustivas. Chama a atención a elevada diversidade de ericáceas (Erica spp., Calluna spp. ou Daboecia spp.), con preto de 40 variedades, xa que estas, a pesar de ser importantes compoñentes da paisaxe natural galega, en Galicia, non soen estar presentes nos xardíns, a diferenza do que ocorre noutros países europeos, como Gran Bretaña, Irlanda ou Alemaña.

Latitude/Lonxitude: 42.784001, -8.648977

Referencias: Galician Garden

Imaxes: Santiago Turismo

xardindafundacionpaideia1

xardindafundacionpaideia2

xardindafundacionpaideia3

xardindafundacionpaideia4

padron_banner

Accede ao mapa do Baixo Ulla clicando aquí

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s