Mapa do Patrimonio de Dodro

Cruceiro e peto de ánimas de Bustelo

Este cruceiro do tipo de crucifixo, data de 1893, cun antigo uso funerario. Presenta unha lenda na que aparecen nomeados no epígrafe desta construción os sete homes que prometeron, antes de partir a Cuba, construír un cruceiro na súa aldea, se todo lle ía ben. En 1893 mandaron o diñeiro e construíron o cruceiro e mailo peto. No recinto que rodea este elemento, soterrábanse os nenos sen bautizar. Atópase sobre unha plataforma elevada executada a partir de perpiaños labrados, co tres gradas cuadrangulares sobre as que descansa unha base de molduras investidas e fuste de sección cadrada en inicio, e octogonal no resto. Capitel decorado con caras de anxos, que aloxa unha cruz de sección circular con imaxes da Virxe e Cristo.

O peto posúe inscricións pola parte traseira “PROPIEDAD DE”, por un dos laterais “SE HIZO I PINTO’A DEVOCION D(e) JOSE IGLESIAS, ANTONIO SÓÑORA, ANDRES TUBIO, JOSE BASQU(e)Z, MANUEL LOPEZ, MANUEL SOÑORA” e pola parte dianteira “BITORIO SOÑORA AÑO 1893”.

Latitude/Lonxitude: 42.731053568, -8.768771589

Referencias: Patrimonio Galego

Imaxes: Refoxeiro

cruceiroepetodeanimasdebustelo1

cruceiroepetodeanimasdebustelo2

dodro_banner

Accede ao mapa do Baixo Ulla clicando aquí

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s