Mapa do Patrimonio de Valga

Cruceiro, lavadoiro e muíño no Reguengo

Cruceiro co aseamento de planta rectangular formado por tres chazos, un deles soterrado. Pedestal cúbico con inscricións e moldura toroidal no cumio. Varal monolítico, de sección cuadrangular na base e desenrolo oitavado mediante rebaixe das arestas. A media altura, no anverso, mostra a imaxe dun santiño sobre unha peaña. O capitel marca o seu arranque cun colariño octogonal. A desaparecida cruz era latina, de sección octogonal e cabos florenzados. No anverso existía unha Crucifixión e no reverso a imaxe da Virxe do Carme. Sen cruz e capitel partido.

Lavadoiro composto de pía formada por bloques graníticos, semisoterrada con respecto ao nivel do solo, piares de soporte da cuberta de granito de sección cuadrangular pétreos. Cuberta de placas de fibrocemento e rematada en tella do país.

Muíño de planta rectangular construído en cachotería de granito e cuberta acabada en tella do país.

Latitude/Lonxitude: 42.669807, -8.656811

Referencias: Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Valga

Imaxes: Xoán Arco da Vella

oreguengo1

oreguengo2

oreguengo3

valga_banner

Accede ao mapa do Baixo Ulla clicando aquí

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s