Mapa do Patrimonio de Rianxo

Muíño de Lodeiros

Muíño situado ao sur do lugar de Rial, sobre o rego de Rial ou río do Mar, no camiño que vai para o Porto de Leiro. Construción de planta rectangular resolta con muros mixtos de cachotaría e cantaría, coa cuberta a dúas augas formada por grandes lousas de granito sobre estrutura de madeira Cornixa perimetral de lousas de granito sobre os muros. Acceso na fachada lateral mediante porta alintelada de madeira e fachada ao camiño cun pequeno oco central.

Na porta ten un lintel a modo de pedra fundacional onde se pode ler: “HIZO D. BALTASAR BLANCO EN EL AÑO DE 1832”. Na porta de madeira, que está na fachada norte, ten uns debuxos moi curiosos, feitos cun obxecto metálico que representan un, ou varios barcos de vela.

Latitude/Lonxitude: 42.653103859, -8.769688988

Referencias: Patrimonio Galego

Imaxes: Xoán Xosé Vicente

muinodelodeiros1

muinodelodeiros2

rianxo_banner

Accede ao mapa do Baixo Ulla clicando aquí

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s