Mapa do Patrimonio de Catoira

Telleira das Rañas ou de Rial

A telleira foi construída, segundo afirma Ramón Rodríguez, polo tío deste, Secundino Rodríguez Castaño, ou pola súa familia. O certo é que tanto a Telleira de Roeiro (Valga), máis vella, como a de Rial eran propiedade familiar dos Rodríguez, alcumados os de “Roeiro”. Secundino nunca se dedicou á fabricación de tellas, aínda que pode que anteriormente alguén da familia si o fixera. Pola súa banda, Francisco Castaño Tojo, telleiro neste forno afirma que era propiedade de Benita López das Rañas e do seu irmán, na parroquia de Oeste, Catoira. Era ela quen a alugou a José María Francisco. O último morador da chamada casa das Rañas foi Rial, segundo afirma Pepe Castaño Dios en Oeste, cen anos de historia/s, o que explicaría que tamén fose chamada a telleira “de Rial”, como derradeiro propietario, xa que a vivenda permanece abandonada desde fai moitos anos.

As primeiras referencias falan de cando Vicente Padín as comezou a arrendar. Viña procedente da Telleira do Forno e decidiu vir para estas debido a maior facilidade no transporte de barro e produtos, por estar a telleira á beira do Ulla. Os Padín, axudados por telleiros contratados procedentes de Dena traballaron algúns anos as dúas telleiras até decidir facer unha propia preto delas. Despois dos Padín arrendouna José María Francisco, telleiro da Guarda, casado na Vacariza de onde cruzaba en gamela ás telleiras. Xa traballara anteriormente a Telleira de Quintáns (Rianxo). No ano 43 entrou a traballar con el Francisco Castaño Tojo (o seu irmán Hipólito traballara antes que el, para ir despois á caleira de Ramón Diéguez de Pontecesures). Tamén entrou outro telleiro de Vilar. O resto de telleiros eran do Baixo Miño e viñan con Jose María Francisco, marchando á Guarda durante o inverno. Á morte de José María Francisco o seu fillo Isidoro, famoso acordeonista da comarca, estivo un ano máis de patrón, mais logo non tornou. Despois deles a arrendaron aos “Fariña” que a traballaron até que se trasladaron á Telleira de María Antonia en Catoira. Un dos Fariña, Manuel, casou en Santa Baia e quedou a vivir alí. A telleira funcionou até arredor do ano 1955.

Había barro local, frouxo, extraído do monte próximo que se mesturaba con barro procedente de Dena para facer ladrillos. O barco traía dúas calidades: barro do monte de Dena e barro do mar. O do mar era máis forte, mais difícil de romper, e de picar. As tellas facíanse exclusivamente con barro de Dena. O barro viña en barcos desde Dena até a telleira. Un dos transportistas era José Antonio Rial Rivela, familiar de Ramón Rodríguez “Roeiro”.

A tella producida levábase en carro para Dimo, Catoira, Cordeiro… para toda a zona. A maioría ía en barco: a Boiro, a Taragoña, a Torre (Ribeira). José María Francisco ía ás feiras onde lle encargaban a tella. Francisco contrataba un barco de Vilarello. “Padín tiña tella todo o inverno, José María Francisco, en 15 días de rematar a tempada a vendía toda”. Coñecía a moita xente na marxe norte do Ulla. Tamén vendían tella a contratistas. Os “Fariña” vendían a tella normalmente a distribuidores. Tamén a deixaban a vender na casa de Milagros de Xamardo, muller de Antonio Fariña Moldes. Ademais cargaban tella en barco, que era enviada a lugares como Rianxo e outros.

Latitude/Lonxitude: 42.687010, -8.726090

Referencias e imaxes: Laboratorio de Tecnoloxías Apropiadas

telleiradasranas1

telleiradasranas2

telleiradasranas3

catoira_banner

Accede ao mapa do Baixo Ulla clicando aquí

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s