Mapa do Patrimonio de Padrón

Convento do Carme

Situado no alto da Costiña do Carme que enlousada e sen asfalto por ningures, ascende até o convento, primeiro dos Carmelitas Descalzos e despois pasou aos Dominicos a comezos do século XX, abandonándoo na década dos oitenta debido ao mal estado do edificio, quedando o seu cargo un só dominico, que é o que dá misa normalmente.

O Convento do Carme ben sendo unha boa mostra do neoclásico galego, convertido en espontáneo miradoiro sobre Padrón. Edifícase sobre rocha viva a comezos do século XVIII, entre os anos 1732-1737, coa aportación económica do Arcebispo de Quito, Alonso de la Peña y Montenegro, padronés que chegou a ser reitor da Universidade de Santiago, e que doou 40.000 pesos para a súa fundación.

O interior confórmase cun corpo de tres naves e claustro entre outras cousas. A parte máis interesante é a súa fachada cun corpo central flanqueados por outros dous corpos que serían para unhas torres que nunca se chegarían a construír. O seu corpo central reproduce exactamente a disposición e organización do Real Monasterio de la Encarnación de Madrid, coa única diferenza de que as dúas fiestras, que no caso madrileño ábrense a cada lado da fornela sobre a entrada central, aquí están substituídas por dous escudos.

Latitude/Lonxitude: 42.738919889, -8.663771633

Referencias: Patrimonio Galego

Imaxes: Javier Figueroa Iglesias

conventodocarme1

conventodocarme2

conventodocarme3

conventodocarme4

padron_banner

Accede ao mapa do Baixo Ulla clicando aquí

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s