Mapa do Patrimonio de Pontecesures

Igrexa Parroquial de Pontecesures

A partir do ano 1968, San Xulián de Requeixo, quedou desligado da parroquia de Santa María de Herbón (Padrón) por mandato do Arcebispo de Compostela, Miguel García Cuesta. Até entón o culto víñase celebrando na antiga Capela de San Xulián e na desaparecida Ermida de San Lázaro, vinculada ao Lazareto de San Lois. No ano 1875, unha xunta parroquial acordara construír un novo templo en Requeixo. A nova Igrexa Parroquial de Pontecesures construíuse co esforzo de todos os veciños, quedando inaugurada o 8 de outubro de 1893. Deste xeito San Xulián quedou como capela.

Trátase dunha igrexa dunha soa nave (32 metros de longo e 8 metros de ancho), de 17 metros de altura e dúas torres-campanario. Nun comezo, a igrexa só tiña unha torre. A torre do reloxo foi construída anos máis tarde e atopábase encalada nos seus muros de cachotaría, para evitar que a humidade pasase ao interior.

O conxunto monumental compoñíase da igrexa, xunto coa praza do adro, que cando foi proxectada, tiña unha escalinata na fronte para entrada ao templo, cunha fonte central e arboredo. Logo o aspecto mudou coa eliminación das árbores e a modificación da escalinata frontal. Tamén foi eliminado o encalado que cubría a igrexa, obviándose así a funcionalidade deste tipo de tratamento da pedra.

Na fachada principal mantense unha inscrición honrando a fascistas, incumprindo a lexislación vixente.

Latitude/Lonxitude: 42.720986218, -8.651785050

Referencias: O Pontecesures Antigo

Imaxe: pichichim

igrexaparroquialdepontecesures1

igrexaparroquialdepontecesures2

pontecesures_banner

Accede ao mapa do Baixo Ulla clicando aquí

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s