Mapa do Patrimonio de Rianxo

Punta do Castro

O castro está situado nunha pequena península que se interna nas augas da ría, entre as praias das Cunchas e do Porrón. Está ateigado de maleza e apenas se pode andar pola superficie, mais polo lado que o une a terra intúese unha entrada a carón dun parapeto de terra que actuaría como defensa. Na pouca zona do interior que se pode apreciar, hai unha gran cantidade de pedra e anacos de muros que poderían pertencer ás vivendas esborralladas. O mar semella que está a comer parte das beiras desta pequena península, podendo verse desde arriba coma parte dalgúns muros se derruban cara o cantil, polo menos na parte máis próxima á Praia do Porrón, pola banda oeste.

É un dos mellor conservados de Rianxo, mais apenas é posible percibir nada debido á vexetación que o cubre.

Latitude/Lonxitude: 42.637079113, -8.799793130

Referencias: Patrimonio Galego + Rianxo | O mar feito tradición

Imaxes: Elixio Vieites +  José María Paton

puntadocastro1

puntadocastro2

rianxo_banner

Accede ao mapa do Baixo Ulla clicando aquí

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s