Mapa do Patrimonio de Rianxo

Casa-Escola de Santa María de Leiro

Antiga casa-escola construída no ano 1903 e situada ao norte do lugar de Rañó, xunto á pista deportiva. Actualmente alberga a Sociedade Cultural Vicente Vidal.

Edificio dunha soa planta, de forma rectangular, construído sobre un baseamento de diferente altura para salvar o desnivel do terreo e que na zona posterior xera un soto que nun principio non tiña funcionalidade. Posteriormente tivo varios engadidos, tanto na fachada lateral dereita como na zona posterior, destinados a albergar uns vestiarios e un obradoiro. Estes anexos xeraron unha pequena terraza e unhas escaleiras de acceso, reconvertidas en bancadas da pista deportiva que existe nesta zona.

Está feito en cachotaría irregular e ten cuberta de tella a dúas augas. Ten escasos elementos decorativos, centrados no uso da cantaría nos remarques dos vans, nunha banda horizontal baixo a cornixa, no baseamento e nas bandas verticais dos esquinais. Os marcos dos vans presentan un lintel con forma de arco de medio punto rebaixado e os peitorís moi desenvolvidos. Destaca tamén a simetría na colocación dos vans.

Na fachada principal hai tres portas de acceso: a do extremo dereito do edificio era a entrada da única aula escolar, enriba da cal hai unha placa en que se pode ler “CASA ESCUELA PARA NIÑOS Y NIÑAS DE LA PARROQUIA DE SANTA MARÍA DE LEIRO, PROPIEDAD DE D. MANUEL V. VIDAL Y FAMILIA 1903”, e no lateral esquerdo estaba a vivenda do/a mestre/a e tamén se conserva unha placa enriba da porta que informa desta circunstancia: “CASA HABITACIÓN PARA EL MAESTRO DE ESTA ESCUELA”.

Manuel Vicente Vidal, natural da parroquia de Santa María de Leiro (Rianxo), emigrou a Cuba, onde fixo unha pequena fortuna.  Sen esquecerse das necesidades da súa terra natal, mandou construír unha casa-escola para que alí recibisen ensino primario os nenos e nenas da súa parroquia. A escola foi inaugurada en 1903.

A escola funcionou como tal moitos anos, aínda que, segundo fontes consultadas, era unha escola só de nenos e non mixta como indica a placa da fachada. Nos anos 80 funcionou como teleclube e actualmente é sede da asociación de veciños que leva o nome do promotor da escola.

Latitude/Lonxitude: 42.653488771, -8.778054454

Referencias: Consello da Cultura Galega | As Escolas da Emigración

casaescoladesantamariadeleiro1

casaescoladesantamariadeleiro2

casaescoladesantamariadeleiro3

rianxo_banner

Accede ao mapa do Baixo Ulla clicando aquí

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s