Igrexa de estilo barroco, planta de nave con presbiterio destacado e cantaría de granito e cachotaría. Fronte con porta de orellas molduradas e pinche con beiril que, revirándose horizontal, serve de pé á espadana dun só corpo, con pilastras afundidas e grande beiril moi moldurado; remate en triángulo curvo, ao que lle falta beiril e cruz. Presbiterio con arco triunfal de medio punto, sobre pilastras, con fermosa cancela, feita en madeira policromada. O retablo foi restaurado no ano 2017.
No adro da igrexa localízase unha fonte que abrolla a auga dun picho de pedra que cae nunha pía, para posteriormente chegar até un lavadoiro. Este está formado por 3 pedras de lavar elaborados a partir de bloques graníticos.
Na ladeira do Monte do Castro Valente atópase a Fonte da Virxe, á que se chega seguindo o Camiño da Fonte, e que garda relación coa Virxe da Nosa Señora da Mercé.
Os veciños de Bandín dependen administrativamente de Padrón, mais eclesialmente pertencen á parroquia de Barcala (A Estrada). A Romaría da Nosa Señora da Mercé celébrase sempre o 24 de setembro.
Latitude/Lonxitude: 42.741125513, -8.605813594
Imaxes: Nosa Señora da Mercé + carcacia.com
Accede ao mapa do Baixo Ulla clicando aquí
Felicitarvos por o voso traballo de dar a conocer os nosos lugares ..
Queria facer unha pontualizacion, o dia grande en Bandín “”A Mercé” celebrase sempre o dia 24 de setembro e non o ultimo domingo do mes ..
Gracias por todo
GústameGústame
Moitas grazas pola corrección!
GústameGústame