Mapa do Patrimonio de Rianxo

As Trece Cruces

Conxunto de tres cruceiros, co do medio de maiores dimensións, alzado nunha punta baixa, rochosa, que se prolonga nunhas pedras que se poden cualificar de illotes coa marea alta. O conxunto presenta un detalle curioso: o cruceiro da esquerda non está en liña cos outros dous, senón que mira para eles. Os dous dos extremos son sinxelos, cun mínimo grosor na parte superior do fuste que fai as funcións de capitel. O do medio, que parece moito máis elegante e domina a paisaxe, sigue o patrón: ten pedestal cuadrangular rematado en chafráns, fuste en dúas partes (a primeira rectangular e octogonal a segunda). O capitel é octogonal con ábaco de lados curvos e vértices en chafrán, adornado con volutas, follas e a Cruz de Santiago. Cruz de sección octogonal con remates cuadrangulares, cun cristo no anverso e unha virxe no reverso.

Aínda que forman parte do conxunto tres cruceiros, o nome alude a Trece Cruces, posiblemente por un naufraxio, do que non existe documentación escrita, e que nalgún tempo se lembrara con trece cruces de madeira.

Forma parte dun vía crucis excepcional en toda Europa, que preside a ruta da Traslatio, como último itinerario do Apóstolo Santiago desde terras de Xerusalén até Iria Flavia, e que están situados nas ribeiras da Ría de Arousa e do río Ulla. Desde o ano 1965 foron emprazados en lugares preeminentes e cada cal máis excepcional, grazas a doazóns de institucións públicas (algúns foron trasladados dende o seu emprazamento orixinal con oposición dos veciños) e persoas privadas que se converteron en mecenas e protagonistas do que do que hoxe é o Ruta Xacobea do Mar de Arousa. Este fora doado e feito polo Concello de Rianxo.

Latitude/Lonxitude: 42.650876235, -8.746918676

Referencias: Patrimonio Galego

Imaxes: Xoán Xosé Vicente

astrececruces1

astrececruces2

rianxo_banner

Accede ao mapa do Baixo Ulla clicando aquí

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s