Mapa do Patrimonio de Catoira

Cruceiro de Punta Telleira

Cruceiro do tipo de crucifixo. Sobre a parte central do penedo colocouse unha base cúbica coas arestas superiores rebaixadas, varal rectangular no seu primeiro cuarto e logo octogonal descendente. Na parte dianteira e baixa desta vara, a rectangular, atopamos esculpida e formando parte da mesma columna unha sereniña baixo coroa (o escudo dos Mariño da Illa de Sálvora). Capitel cadrado, de catro lados rectos, adobiado soamente por espirais. Cruz rectangular da que pendura un Cristo pequeno, sen INRI, de tres cravos, cos brazos case paralelos ao chan, mans pechadas, nó do pano á dereita e pé dereito por riba do esquerdo. Por detrás, sobre pousadoiro cadrado, santa de pé cun libro na man, quizais Santa Catarina, pola ligazón entre a Illa de Sálvora e esta santa muller que atopou acollida naquel lugar fuxindo dos seus inimigos. Este cruceiro fora doado por Joaquín Otero Goyanes, Marqués de Revilla, e propietario da Illa de Sálvora.

Latitude/Lonxitude: 42.686843621, -8.727234309

Referencias: Fernández de la Cigoña, E. Cruces, cruceiros e petos do concello de Catoira: (Historia dun concello). Asociación galega para a cultura e a ecoloxía-Editorial AGCE, 2008

cruceirodapuntatelleira

catoira_banner

Accede ao mapa do Baixo Ulla clicando aquí

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s