Mapa do Patrimonio de Padrón

Pazo da Torre do Monte

O conxunto está formado por unha extensa finca con zonas de xardín e arboredo, a Capela de San Miguel, a Fonte do Capitán, hórreo, pombal, a torre-pazo e o corpo coa vivenda do persoal do servizo.

Construído a finais do século XIV e comezos do XV, nel vivía don Fernando de Romay, Señor de Cuadrado, que estaba casado con dona Mencía Maldonado y Aldao. Planta rectangular coa antiga torre no ángulo suroeste, á que se acaroa un corpo baixo coas dependencias do persoal de servizo. Construído en cantaría de granito, concertadas, arrexuntadas e á vista. Espectacular cheminea. Fachada con escalinata imperial, con peitorís de balaústres e pilastras con pináculos no alto do patín. A torre ten dous vans cadrados por fachada e, na parte do xardín, porta con arco apuntado. Escudos dos Romay, Bendaña, Sotomaior, Moscoso e outros.

A cociña pertence ao corpo das dependencias do servizo, aínda que ten carácter propio moi significativo, polo seu deseño e dimensións. Sobre a lareira, dúas grandes ménsulas de perfil curvilíneo, con volutas, sostendo a enorme campa de cantaría. A dependencia conserva numerosos elementos dos séculos XVIII e XIX ben conservados: armarios de granito, vertedoiros…

O espazo exterior está formado por dúas zonas ben diferenciadas. O xardín esténdese por diante da fachada posterior e comprende macizos para especies de flor, con peche de mirto. O bosque esténdese entre o portalón da entrada á finca, con árbores de carácter frondoso, algúns deles centenarios, formando unha avenida totalmente cuberta polas copas.

Rosalía de Castro escribiu uns versos do seu libro Las orillas del Sar inspirados no Pazo da Torre do Monte, e nel gárdase o manuscrito orixinal de Os dous de sempre, de Castelao.

Latitude/Lonxitude: 42.743258173, -8.663155630

Imaxe: Hispania Nostra

pazodatorredomonte

pazodatorredomonte2

padron_banner

Accede ao mapa do Baixo Ulla clicando aquí

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s