Mapa do Patrimonio de Dodro

Igrexa de Santa María de Dodro

Trátase dun templo barroco do século XVIII, sendo unha das primeiras obras trazadas polo mestre compostelán Simón Rodríguez. A reconstrución desta igrexa iniciouse en  decembro de 1918, se ben a planta xa estaba trazada en febreiro de 1719. En 1738 aínda non se acabara o carpo da igrexa, concluíndose a capela maior no ano 1739. Formou parte do coto e xurisdición de Oís.

Presenta unha planta de cruz latina, con nave única de dous treitos, situándose no último o coro e a tribuna. A ambos lados deste ábrense dous nichos de planta semicircular no interior, seguindo a liña de brazos do cruceiro. A nave da igrexa e o presbiterio  están cubertos por unha bóveda de canón, do mesmo xeito que os brazos do cruceiro, nos cales se emprega a bóveda de aresta. Como separación dos distintos arcos empréganse arcos faixóns. A fachada segue o mesmo criterio de sinxeleza que o interior, sendo os puntos mais interesantes a portada e a torre do campanario. A porta principal atópase flanqueada por dous pseudopiares coroados por un frontón triangular que preside a imaxe da Asunción. Ten retablos barrocos no interior. Sobre  a fachada no lado norte,  érguese a torre-campanario.

Latitude/Lonxitude: 42.717275066, -8.688209058

Imaxe: Deputación da Coruña

igrexadesantamariadedodro (1)

dodro_banner

Accede ao mapa do Baixo Ulla clicando aquí

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s