Mapa do Patrimonio de Catoira

Castro de Gondar

Asentamento fortificado conformado por un recinto simple de forma tendente a circular de 70-80 metros de diámetro, delimitado por un parapeto terreo que destaca só con respecto ao exterior do xacemento, atopándose toda a zona interior practicamente a unha mesma cota.

A altura media con respecto ao exterior é de aproximadamente uns 2-3 metros en todo o seu perímetro, exceptuando na zona norte, onde é de aproximadamente 3-4 metros.

Aínda que a nivel xeral se pode dicir que se atopa bastante ben conservado, a actividade forestal desenvolvida nesta zona de monte pode ser a causante da escasa altura conservada do parapeto delimitador da croa, coñecida co nome de O Montiño de Gondar, que acada unha altura máxima de 72 metros.

Latitude/Lonxitude: 42.676120232, -8.702256237

Referencias: Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira

Imaxes: Marijou Castro

castrodegondar2

castrodegondar1

catoira_banner

Accede ao mapa do Baixo Ulla clicando aquí

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s