Mapa do Patrimonio de Dodro

Fonte da Dea

Fonte construída con perpiaños de granito, rematada por enriba en pequena cornixa saínte biselada. Leva un cano central que verte sobre unha pía de pedra a ras do chan e con desaugadoiro. As pezas que a configuran teñen un relevo que conforma unha liña a modo de enmarque redondeado, que leva a cada lado unha figura en relevo, representando algún motivo floral ou vexetal.

Manuel Lorenzo Baleirón, no seu libro “Toponimia de Dodro e Laíño. Os nomes na auga”, fai a seguinte referencia: “A Fonte da Dea da Igrexa, ten nos laterais cadanseu motivo decorativo vexetal de trazos esquemáticos. Minimalismo dos nosos canteiros.”

Sempre foi unha fonte pública, mais desde hai uns anos existe un litixio xudicial entre o concello e un veciño que pechou o paso.

Latitude/Lonxitude: 42.726191731, -8.713524693

Referencias: Patrimonio Galego

Imaxes: Xoán Xosé Vicente

fontedadea1

fontedadea2

dodro_banner

Accede ao mapa do Baixo Ulla clicando aquí

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s