Mapa do Patrimonio de Catoira

Instalacións náuticas

Nave de orixe industrial tripartita que destaca por dispoñer cubertas individuais sobre cada un dos seus tres volumes, ofrecendo un aspecto de orixinal cuberta quebrada. A nave central presenta unha cubrición en forma de arco de medio punto proxectado, que cambia en cuberta a dúas augas convencional na contrafachada. O alzado principal sitúa un portalón de acceso gorecido baixo un arco escarzano que, na contrafachada, convértese nun arco de medio punto. Na metade superior dos volumes, óculos elevados, sendo o central labrado en granito.

Conta cunha cheminea da antiga fábrica de tella, construída en ladrillo de aproximadamente 15 metros de alto e de forma cónica. Na base, onde hai un oco, vai decorada cunha fiada de azulexos e algunhas pezas de ladrillos saíntes, formando pequenas cornixas e debuxos de triángulo.

Latitude/Lonxitude: 42.672201322, -8.726705388

Referencias: Patrimonio Galego

Imaxes: Turismo Rías Baixas + Elixio Vieites

intalacionsnauticas1

intalacionsnauticas2

catoira_banner

Accede ao mapa do Baixo Ulla clicando aquí

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s