O rei Afonso VII doou un enorme terreo no ano 1156 a un descoñecido plebeo, non nobre, de nome Sancho Eanes. O terreo tiña 22 hectáreas nunha das zonas máis ricas e poboadas do Reino de Galicia, limitado por unha serie de marcos que conforman unha finca medieval. O Marco do Porto Lampai delimita polo oeste dita finca, coa función de marco da antiga vila medieval do Pedrouso (Teo). É de forma triangular e está gravado nas tres caras, aínda que o musgo está a facer o seu implacable traballo desgastándoa. Na súa inscrición pódese ler o seguinte: “Era MCXCIV et quotum I kalendas septemberis cum auctoritatem imperatoris et omnibus intervinientibus patronim statuit”. Que quere dicir: “Ano 1156 no primeiro día das calendas de setembro coa autoridade do Emperador e de tódolos asistentes poño este pedrón”.
Como ben di Pablen Compostela Teo, xa existen imaxes deste marco medieval nos anos 30 do século pasado, cando se pensaba que era un miliario, publicadas en varios números da revista Unión de Teo y Vedra.
Latitude/Lonxitude: 42.777197253, -8.626109792
Referencias: Patrimonio Galego + Cultura Galega
Imaxe: Xandlinathry
Accede ao mapa do Baixo Ulla clicando aquí