Mapa do Patrimonio de Valga

Petróglifo Nº 2 dos Penoucos de Campo Redondo

Na zona máis alta do Outeiro dos Penoucos de Campo Redondo, a uns 200 metros ao norte da Pedra da Serpe, xa no límite con Pontecesures, localízase unha rocha de considerables dimensións, na que se atopa unha concentración de cazoletas (20 coviñas) e un posible círculo simple. A rocha ten unha forma tirando a rectangular, coa superficie chaira e con lixeira inclinación cara o sur-suroeste. Na parte superior aparecen as cazoletas, que non semellan formar motivo definido algún.

A poucos metros ao norte da rocha existe unha devasa, sendo depositada terra producida pola súa apertura sobre os afloramentos próximos ao petróglifo. Toda a superficie do monte aparece espallada con pedras miúdas, restos da intensa actividade extractiva que sufriu esta zona e que puido provocar a desaparición doutros posibles gravados.

Latitude/Lonxitude: 42.704668417, -8.617138258

Referencias: Patrimonio Galego

Imaxe: Manuel

petroglifo2dospenoucos

valga_banner

Accede ao mapa do Baixo Ulla clicando aquí

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s