Mapa do Patrimonio de Dodro

Muíño de Fidel

Tamén coñecido como o Muíño de Chuco, trátase dun muíño de cubo con tellado a dúas augas, aínda que unha delas de escasamente 1 metro. Dunha altura aproximada de 6 metros até o cume, consta de dúas alturas diferenciadas, posiblemente con dous andares, coas paredes de cantaría. Ten unha soa pedra de moer, nun espazo interior duns 30 metros cadrados. En tempos, tiña un piso superior de madeira para almacenar diferentes materiais para a moenda. A auga corre por unha canle de cantaría enriba dun muro de cachotaría de 30 metros de longo, que alcanza os 5 metros de alto na parte que une co muíño. O cubo ten unha altura duns 5 metros e está formado por unha ducia de pedras de forma cilíndrica, cun burato no medio polos que cae a auga até o rodicio. É o único muíño que queda na aldea de Lestrobe dos catro que chegou a contar.

No libro “Toponimia de Dodro e de Laíño. Os nomes na auga” de Manuel Lorenzo Baleirón, escríbese que “O Muíño de Fidel e o do Regueiro, agora destruído, están do lado de riba da aldea de Lestrobe. Gonzalo Gayoso Carreira, na monumental Historia del papel en España, cóntanos que no ano 1759 estaba en activo no Couto de Lestrobe un muíño de papel ordinario e de estraza, que “polas curtas facultades do seu dono só fabricaba unha pequena cantidade de resmas ó ano”. Puido ter sido o de Fidel pois o outro era de menores dimensións e os outros dous que houbo á beira da estrada eran xa eléctricos. Durante os séculos XVIII e XIX sería o único existente en toda a Terra de Iria e da Arousa ata a fábrica do Faramello. O papel elaborábase a partir de trapos vellos, sobre todo de liño, macerados en lixivia, machacados no batán dos muíños ata deixalos reducidos a unha pasta que se botaba en moldes. Cóntanos o Padre Sarmiento que foron dous galegos, en 1470, os que construíron os primeiros muíños de papel en Basilea e en Alemaña.

Gonzalo Gayoso Carreira, na súa obra “Historia del papel en España”, di: “¿No constituiría este pequeño y anónimo molino papelero del que no se da su fundación, el último eslabón que quedó de la industria papelera gallega, que según Sarmiento o su transcriptor, se permitía enviar operarios suyos (precisamente de Lestrobe) a implantarla en otros países?”.

Latitude/Lonxitude: 42.734064227, -8.670963446

Referencias: Patrimonio Galego

Imaxes: Xoán Xosé Vicente

+Info: Patrimonio e Paisaxe(s) do Baixo Ulla

muinodefidel

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s