Mapa do Patrimonio de Catoira

Ponte Vella de Catoira

Ponte de cronoloxía medieval (séculos IX-X) situada sobre o antigo Camiño Real de Vilagarcía a Santiago de Compostela, sobre o río Catoira. Posúe dous arcos de medio punto rebaixados, cunhas luces que van dos 2,78 aos 3,77 metros. Trátase dunha ponte con bóvedas de sillería de granito apoiados na rocha do leito, con algunhas marcas de canteiro. O resto está feito con perpiaño e cachotería, agás a calzada que ten laxes compondo o taboleiro. A día de hoxe non ten pretís. Ademais conta cun van aliviadoiro para soportar as enchentes do canle. Rasante alombada.

Proxectada para favorecer o tránsito de vehículos de tracción animal, carece de peitoril de seguridade. Trátase da ponte principal do Camiño Real que atravesa o concello en sentido suroeste-nordeste.

Latitude/Lonxitude: 42.667087193, -8.720269848

Referencias: Patrimonio Galego

Imaxe: Iago Pillado

+Info: Patrimonio e Paisaxe(s) do Baixo Ulla

pontevelladecatoira

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s