Mapa do Patrimonio de Dodro

Cruz da Estivadiña

Tamen coñecida como a Cruz dos Cabaliños, trátase dunha cruz simple de granito, con 55 centímetros de base e 1,35 metros de altura. Non ten baseamento, pedestal de base prismática coas arestas da cara superior en chafrán, cunha inscrición, ilexible, na cara frontal dentro dun recadro. Non ten varal nin capitel, e a cruz é sinxela, de tipo latino, cos ángulos rematados en chafrán e os extremos de sección cuadrangular.

Antigamente empregábase como lugar de soterramento de bebés non bautizados. Hoxe segue a ser un lugar de culto relixioso e parada de procesións. A Carreira das Bestas era o vello camiño sacramental que baixaba desde onde está o cruceiro de Don Pedro, en A Cruz, até o Rialiño. O cruceiro cambiouse de sitio por unha ofrenda e roubáronlle a cruz varias veces.

Latitude/Lonxitude: 42.735867411, -8.695537267

Referencias: Patrimonio Galego

+Info: Patrimonio e Paisaxe(s) do Baixo Ulla

cruzdaestivadina

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s