Mapa do Patrimonio de Padrón

Pazo de Arretén

O pazo é de estilo renacentista construído no século XVI pola familia fidalga Bermúdez de Castro. Planta rectangular, con extremos angulados para comunicar por paso elevado coa capela. Fábrica de cantaría de granito. Fachada principal sobria, con solemne escalinata de balaústres, que comunica cun alongadísimo patín (ao longo de toda a fronte), formado por arcos de medio punto con columnas toscanas e balaustrada de traza compostelá. A distribución actual corresponde ao século XVII.

No Pazo de Arretén naceu o 24 de novembro de 1804 Teresa da Cruz de Castro e Abadía, nai de Rosalía de Castro. A construción foi vendida pouco despois da morte de Xosé María, irmán de Teresa e último propietario da familia Castro. Ao pazo dedicou Rosalía de Castro unhas das súas máis populares poesías de Cantares Gallegos no 1863:

E tamen vexo enloitada

D’ Arretén á casa nobre

Dond’ á miña nay foy nada!

En xullo de 1936, no contexto do alzamento franquista, foi o escenario dun asalto por parte de sindicalistas.

A última rehabilitación levada a cabo foi obxecto de diferentes sancións, posto que non existía nin proxecto de execución, nin permiso municipal, nin tampouco o informe favorable de Patrimonio.

Latitude/Lonxitude: 42.7460602748, -8.646283959

Imaxe: rutarosalianacristina

+Info: Patrimonio e Paisaxe(s) do Baixo Ulla

pazodearreten

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s