Mapa do Patrimonio de Pontecesures

Cruceiro de Porto

Cruceiro do tipo  de crucifixo, coa súa parte superior moi traballada cun sentido do equilibrio na profusa decoración, que en ningún momento cae na estridencia, nin no fatuo. Para comezar, o seu capitel susténtase sobre unha dobre voluta octogonal, como o fuste, e presenta unha ornamentación vexetal que evita así as esquinas en arestas e deixa un espazo entre folla e folla ocupado pola cuncha de vieira. Arriba, a cruz con deseño octogonal e remates cadrados, con fendas que lle dan un aire grácil na Nai, coa cabeza suavemente erguida mirando ao ceo. Abaixo non hai basa porque non puido ser rescatada do leito do río, senón unha pedra de gran tamaño que pon un contrapunto natural ao traballo humano. O fuste, que como queda dito é octogonal na súa parte superior, ten deseño cadrado na inferior. A media altura, a estatua do Apóstolo Santiago rompe o concerto de liñas rectas que converxen cara ao ceo.

Forma parte do Vía Crucis fluvial do Mar de Arousa e Ulla. Orixinariamente non foi colocado na Praza dos Valeiros, senón que se fixo unha zona que non resistiu o peso debido á drenaxe do río. Esta drenaxe foi provocando o corremento de terras cara ao fondo desde a beira do río, e aí foi onde acabou o cruceiro, á altura dun lugar do río chamado Pozo da Cova. O barrio de Os Valeiros é un barrio de pescadores. Fai máis de tres décadas atoparon o cruceiro cando estaba a punto de desaparecer para sempre, inzárono ás súas embarcacións e levárono ao lugar onde se empraza na actualidade.

Latitude/Lonxitude: 42.717975074, -8.654897177

Referencias: Cruceiros de Galicia

+Info: Patrimonio e Paisaxe(s) do Baixo Ulla

cruceirodeporto

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s