Mapa do Patrimonio de Dodro

Pedra de abanear de Imo

Pedra situada á beira do Camiño Real, que unha vez subidos enriba dela faise mover compasadamente sen moito traballo. Era lugar de xogos, fai moitos anos, para os nenos pequenos, pois ao seu carón hai outras pedras con ocos que se usaban para agocharse e resgardarse da choiva. Na parte superior ten cazoletas, posiblemente orixinadas pola auga. Unha delas semella traballada para facilitar a caída da mesma.

Segundo o libro “Toponimia de Dodro e de Laíño. Os nomes na auga” de Manuel Lorenzo Baleirón: “En Carrais, que se localiza, coma Carrais de Pozo, ó suroeste da aldea de Imo, hai unha pedra de abalar, á beira doutra cabalgada de formas dolménicas. Pasa preto delas o antigo Camiño Real. Unha vez cada mil anos baixa do monte o mesmo carro e as lamias van afondando na laxe a corredoira. Eternidade.

No Inventario Etnográfico de San Xoán de Laíño realizado pola asociación de veciños no ano 1993, está denominada como Mámoas da Revoltiña coa clave AV001133041.

Latitude/Lonxitude: 42.707380269, -8.726327683

Referencias: Patrimonio Galego

Imaxes: Xoán Xosé Vicente

+Info: Patrimonio e Paisaxe(s) do Baixo Ulla

pedradeabaneardeimo

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s