Mapa do Patrimonio de Catoira

Cruceiro da Illa do Rato

Cruceiro de tipo de crucifixo, sen base e cun pedestal cúbico chafranado. Sobre un penedo enfesto, situado na parte máis meridional deste pequeno illote (Illa ou Insua do Rato) que se acha inmediato á ponte de Catoira, colocouse un cruceiro co Santo Cristo mirando cara a canle principal do río. A base que mantén ergueito o varal é cúbica, coas arestas rebaixadas. Columna, primeiramente, rectangular no seu primeiro cuarto e logo octogonal. Vai afinándose a medida que se eleva. Amosa por diante unha figuriña coa cabeza rota de Santiago Apóstolo. Capitel de catro lados con cruces de Santiago no centro de cada un afastadas por espirais.

Soporta unha cruz rectangular que amosa por diante un Cristo de tres cravos, baixo INRI, cos brazos con pouco ángulo, mans pechadas, o nó do pano á súa dereita e o pé dereito por riba do esquerdo. Mira á fronte, cara a canle principal do río. Por detrás amosa a figura de María de pé, pousada sobre cuncha de vieira. Foi doado por Manuel Domínguez López, propietario da empresa local Cerámica Domínguez del Noroeste, S.A., máis coñecido localmente por CEDANOSA.

O Pai Sarmiento, na viaxe que fixo a Galicia no ano 1745 escribe: “(…) un poco más al oriente se descubre en medio de la ría una como isletica, peñón, o cúmulo de peñones que llaman Castrivello y pudo haber tenido alguna…”.

Latitude/Lonxitude: 42.678645951, -8.726370354

Referencias: Patrimonio Galego

Imaxe: grancalili

+Info: Patrimonio e Paisaxe(s) do Baixo Ulla

cruceirodailladorato

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s