Mapa do Patrimonio de Catoira

Torres de Oeste

Complexo defensivo construído en diferentes períodos, que estaba conformado por dous recintos. Un exterior formador por unha gran torre de homenaxe, ao leste, coa porta de entrada do complexo e dúas murallas polo norte facendo unha gran curva cara ao oeste; e polo sur, cunha pequena torre acaroada de planta semicircular, torcendo en ángulo recto tamén cara ao oeste. Ambos ramais da muralla contaban cunha pequena saída de augas por debaixo do nivel actual do terreo. Este recinto estaría destinado a dar acubillo ás poboacións do arredor e ao gando en caso de ataque.

Ambos extremos da muralla remataban nun castelo na parte leste, no alto dun pequeno promontorio, formadas por un recinto interior pechado en forma poligonal con catro torres nas súas esquinas e outra gran torre do homenaxe con outros recintos como a capela dedicada a Santiago no seu interior. As torres remataban en ameas sinxelas e estaban cubertas.

Hoxe en día podemos ver o primeiro e segundo corpo, o arco da entrada da torre de homenaxe do leste chamada Torre de Lugo, a capela que se conserva completa e as ruínas que manteñen a súa altura orixinal das torres do castelo interior situadas máis ao sur e que serven de imaxe icónica do lugar. Así mesmo, despois da intervención arqueolóxica e posta en valor do lugar, pódense ver os alicerces do resto das outras estruturas.

A maioría dos autores identifican este asentamento coa Turrem Augusti citada por Pomponio Mela no século I d.C., e que se tería levantado sobre un asentamento castrexo anterior que documentou e estudou Naveiro López (2004).

O lugar estivo habitado desde a Idade do Ferro. Naquel entón o lugar era unha illa no medio do río Ulla no que había un castro. A illa uníase á terra por medio dun pontón sostido por columnas de madeira.

Durante a Época Romana convértese nun dos principais enclaves portuarios que canalizaban as mercadorías cara ao nó de comunicacións que era Iria Flavia. Nos primeiros séculos da Alta Idade Media, o lugar cae no abandono. Neste período atopáronse evidencias de soterramentos no lugar.

As estruturas defensivas do castro volven a ser empregadas e melloradas na segunda metade do século X, en tempos do bispo de Iria Flavia Sisnando II (953-968), contra o ataque dos viquingos. Xunto coas Torres da Lanzada, Darbo, o Castelo de Cedofeita e unha torre en Pontesampaio, forman dunha rede de protección dos señoríos de Iria e Compostela. Desta época consérvanse os alicerces da torre de homenaxe e unha torre do recinto interior.

Durante os séculos seguintes, XI e XII, o complexo reconstrúese, conservándose soamente a torre de homenaxe e unha torre do recinto interior, e amplíase chegando o seu maior grao de edo que se poden ver os seus alicerces actualmente.

No século XV as súas instalacións son totalmente obsoletas, quedando en estado de abandono. Hai unha reocupación ocasional no século XVIII no que se emprega como punto defensivo fronte aos ataques ingleses, chegando aos nosos días en estado ruinoso.

No ano 1931 é declarado monumento histórico artístico e nos anos oitenta empréndense labores de escavación arqueolóxica e consolidación do xacemento.

Latitude/Lonxitude: 42.676425355, -8.726044899

Referencias: Patrimonio Galego

+Info: Patrimonio e Paisaxe(s) do Baixo Ulla

torresdeoeste

1915

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s